CLiP 01:05La música se convierte en la protagonista en este campamento de verano La iniciativa «Musigalizando» combina convivencia y formación musical
A Coruña, 27/6/2007. Un grupo de niños y jóvenes gallegos disfrutan en la última semana de junio de su más preciada afición: la música.
Llegan al albergue (de Gandario en Bergondo, A Coruña) y lo primero es escoger habitación, además de la mochila y el saco traen un equipaje muy especial. En el campamento todos los niños son músicos. La primera actividad del día es la toma de contacto con las partituras y puesta a punto de los instrumentos. Son el grupo más ruidoso de los que pasarán por este albergue a lo largo del verano.
Por las tardes tocan actividades más propias de los campamentos de verano, juegos en la playa y deportes naúticos. Y después de la cena llega el ensayo general.
Una experiencia de convivencia y formación musical que tendrá como broche final dos conciertos. Agencia Atlas http://www.tu.tv/videos/la-musica-se-convierte-en-la-protago
Un concerto de 90 rapaces clausura no Auditorio o campamento «Musigalizando»
Santiago 30/06/2007. O Auditorio de Galicia substitúe á praza da Quintana, en previsión de que chova, como escenario do singular concerto que protagonizan ás 22.30 máis de 90 nenos e xóvenes, entre os 8 e os 25 anos, que participaron na experiencia pioneira do campamento musical Musigalizado .
O encontro celebrouse esta semana no albergue de Gandarío (Sada) co apoio da Dirección Xeral de Xuventude. Os promotores e organizadores son a asociación cultural musical Solfa, de Santiago; a Banda da Escola de Música de Rianxo; e a Banda da Agrupación músico-cultural de Ribadumia. A estas formacións pertencen os intérpretes desta actuación, na que ofrecerán un programa de bandas sonoras de coñecidas películas, das que se proxectarán imaxes.
O concerto, que non podería ofrecer ningunha das bandas por separado, repítese mañá en Pontevedra. LVDG
Concerto de Musigalizando
PONTEVEDRA 01/07/2007 PRAZA DO TEUCRO | 22.00 HORAS
Máis de 90 rapaces da Asociación Cultural Musical Solfa de Santiago, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia ofrecen hoxe un concerto que ten como repertorio a banda sonora de varios coñecidos filmes. O concerto é o colofón da iniciativa Musigalizando, un campamento musical organizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no que os participantes puideron compartir o seu tempo de lecer arredor da súa afección común, a música. Os participantes teñen idades comprendidas entre os 8 e os 25 anos e a entrada é totalmente libre e gratuíta. LVDG
Rianxo. Máis de 90 rapaces pertencentes á Asociación Cultural Musical Solfa de Santiago, á Banda da Escola de Música de Rianxo e á Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia ofrecen hoxe un concerto que ten como repertorio a banda sonora de varios coñecidos filmes. A actuación terá lugar na pontevedresa praza Teucro, ás 22,00 horas.
O concerto é o colofón da iniciativa Musigalizando, un campamento musical organizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, no que os participantes puideron compartir o seu tempo de lecer arredor dunha afección común: a música.
Os participantes, con idades comprendidas entre os 8 e os 25 anos, compartiron durante unha semana as instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo. Alí alternaron actividades de tempo libre en contacto coa natureza con ensaios á mañá e á noitiña que lles permitiron preparar un repertorio que ten como prato principal as bandas sonoras de películas como Titanic, Braveheart ou Piratas do Caribe.
Os integrantes dos tres conxuntos que participan en Musigalizando levan dende o mes de xaneiro desenvolvendo o traballo previo a este campamento, preparando por separado o repertorio de partituras que permitirá montar estes concertos finais. Segundo explicaron os profesores, trátase dun cartel que non poderían executar cada unha das agrupacións por separado por falta de medios humanos ou de instrumentos, pero que si poden abordar en conxunto, co importante reto que isto supón para os rapaces e rapazas.
Experiencia piloto
Pola súa parte, Rubén Cela explicou que o apoio da Dirección Xeral de Xuventude a este proxecto se encadra na liña de acción que vén desenvolvendo este departamento da Vicepresidencia de cara a potenciar a produción musical entre a mocidade. Así, aludiu a iniciativas como a Rede Galega de Locais de Ensaio e o certame GZ Crea, que conta con apartados específicos na súa modalidade de composición para bandas noveis e para bandas tradicionais.
O director xeral destacou o novidoso deste campamento e adiantou que Xuventude vai estudar esta experiencia como proxecto piloto de cara ao seu desenvolvemento nas próximas Campañas de Verán. Neste senso, Cela subliñou a importancia que ten diversificar a oferta de ocio, máis concentrada nestes momentos nas vertentes lúdica, deportiva ou de medio ambiente, para potenciar estas iniciativas de tipo lúdico-cultural. xornal
Problemática educativa en Educación Secundaria Obligatoria -España.
Contribuir a Dignificar la etapa de los 11 a los 15 años
Nuevas tecnologías
Centros Q